Administrador/A Sistemas Windows (Sustitución Excedencia)_posibilidad Teletrabajo 100%
Responder al anuncioBuscamos a un administrador ou administradora de sistemas Windows para cubrir de xeito temporal unha excedencia no Departamento de Sistemas Windows de dinahosting. Dado que o posto é temporal, buscamos persoal con certa experiencia para a súa rápida adaptación. Non precisamos unha titulación específica, pero toda formación ou certificación relacionada con Microsoft Windows Server, valorarase positivamente. Que buscamos? Administrador ou administradora para a nosa infraestrutura de sistemas Windows, sistemas de virtualización como Hyper-V, xestores de bases de datos como MySQL, SQL Server e protocolos de rede e aplicación como son HTTP, POP3 e SMTP. Para nós é moi importante que sexas capaz de automatizar todo tipo de configuracións e procesos sobre ditos sistemas. Coñecementos sobre sistemas Linux e seguridade son aspectos importantes a valorar. Tamén utilizamos metodoloxías áxiles na nosa xestión de proxectos, comoScrum. En dinahosting traballarás:Investigando, propoñendo e deseñando solucións en equipo. Desenvolvendo tarefas de administración de sistemas tanto en infraestrutura propia como na dos nosos clientes e documentando o teu traballo. Planificando e executando as probas necesarias para asegurar o correcto funcionamento dos sistemas. Facendo despregues e postas en produción das ferramentas que desenvolviches e resolvendo as incidencias que poidan xurdir. Dando sempre a túa opinión e ideas de mellora sobre os proxectos do departamento. Como o farás? A nosa estrutura é horizontal e existe a figura do responsable de área ou Team lead, que supervisa o traballo de equipo e está para baixar ás trincheiras cando fai falta. Organizamos o traballo do equipo baixo a metodoloxía Scrum. Os sprints teñen unha duración semanal e facemos reunións para o seu seguimento, evitar puntos de bloqueo e aportar solucións o máis rapidamente posible. Non partirás de cero en todo isto. Temos documentados os procesos de traballo e facemos talleres de formación constantes entre os equipos. Cando traballarás? A túa xornada consiste en turnos rotativos que cambian cada semana, nos cales estarás unha semana de mañá de 7:00 a 15:00 e para a seguinte semana será de 14:00 a 22:00 horas, cunha parada de media hora de descanso. Neste posto requírese dispoñibilidade para gardas; despois do turno de tarde e fins de semana, o administrador ou administradora permanecerá pendente do teléfono para resolver incidencias que poidan afectar a nosa infraestrutura. Somos fans da flexibilidade e da conciliación, e sempre que o necesites poderás ir cos pequenos ao médico ou acudir a consultas sen ter que recuperar ese tempo. Onde traballarás? As nosas oficinas e punto de encontro están en Santiago de Compostela, pero poderás escoller acudir á oficina ou facer traballo en remoto. Ti elixes!Salario e beneficios sociaisSalario según convenio propio. Ademais contamos con esta serie de beneficios sociais:Flexibilidade laboral e teletraballo voluntarioElección libre de vacacións: coordínate co teu equipo e elíxeas cando ti queirasBolsa de formación subvencionada ao 100%Seguro médico e dental privado ao facer 6 meses na empresaAxudas para o pagamento de garderías e centros de coidado de maioresMáis sobre dinahostingEn dinahosting levamos desde2001dándolle aos nosos clientes todo o que precisan para garantir a súa presenza online. Desde os nosos inicios acompañamos a evolución de Internet sendo unhaempresa innovadora, que aposta polacalidade técnica, o desenvolvemento deferramentas propiase a melloratención ao cliente. Estas foron as chaves do noso crecemento e o que nos converteu nunha compañía líder no sector que somos hoxe en día. Ofrecemos todo tipo de solucións para un proxecto online, desdeplans de aloxamento de hosting compartidoataservidoresde alto rendemento tanto virtuais como físicos e por suposto, os servizos de cloud máis avanzados. Tamén somos rexistradores de primeiro nivel para case todos osdominiosdo mercado e estamos acreditados pola ICANN. Somos partners de marcas tan recoñecidas comoMicrosoft, Dell, Intel, Cisco ou VMware. En xullo de 2021, Netcraft nomeounos a empresa de aloxamento web máis fiable a nivel mundial. O Soporte Técnico é o noso sinal de identidade e estamossempre dispoñiblesas24horasdo día, os365 díasdo ano. Temos a disposición dos nosos clientes diferentes ferramentas para que se poñan en contacto con nós: un chat, teléfono gratuíto e correo electrónico, sen contestadores, sen formalismos, sen esperas e en 5 idiomas: galego, castelán, catalán, inglés e portugués. #J-18808-Ljbffr
¡Sea el primero en responder a este anuncio de trabajo!
-
¿Por qué está buscando trabajo en Trabajas.es?
Crear alerta de empleo
Cada día nuevos anuncios de trabajo Puede elegir entre una amplia gama de trabajos: nuestro objetivo es ofrecer una selección lo más amplia posible Déjenos enviar nuevos anuncios por correo electrónico Sea el primero en responder a las nuevas ofertas de empleo Todos los anuncios de trabajos en un único lugar (de empleadores, agencias y otros portales) Todos los servicios para demandantes de empleo son gratuitos Le ayudaremos a encontrar un nuevo empleo